galego
Web Médica Acreditada. Ver más información
Pulse para ver el Certificado de Web de Interés Sanitario

 
 

 

En España hai algunhas entidades que cobren parcialmente o tratamento da plaxiocefalia con DOC band®. Só unha delas é pública (Muface). As outras son entidades de asistencia sanitaria privada e teñen habitualmente un contrato co cliente a reembolso parcial.

CIGNA esixe unha declaración de necesidade e a presentación da factura. Adoita pedir datos antropométricos. Formulario para solicitude de reembolso de gastos médicos:

http://www.cigna.es/docs/Solicitud%20de%20reembolso.pdf

 

MAPFRE pide un informe médico e a presentación de factura. Habitualmente aboa o 80% do custo global do tratamento. Se o paciente vai necesitar máis dunha banda, debe facerse constar no primeiro informe. Formulario para solicitude de reembolso de gastos médicos:

http://www.mapfre.com/pmapfre/es/m010su/m040sa/m015sg/susasg.shtml

 

MUFACE págalle ao afectado 950 euros. Para iso requírense as seguintes condicións:

  • ter menos dun ano de idade

  • indicación dun neurocirurxián como alternativa á cirurxía

  • presentación de factura

  • presentación de indicación médica de ORTOSE CRANIAL á medida. O código de referencia é o 0630-89-001.

Formulario para solicitude de reembolso de gastos médicos:

http://www.map.es/muface/prestaciones_sanitarias/prestaciones/common/Catalogo_Material_Ortoprotesico.pdf

 

SANITAS MUNDI pide un informe médico e a presentación de factura. Aboa o 80% do custo global. Hai variacións en función da rexión ou zona. Para solicitude de reembolso de gastos médicos:

http://www.sanitas.es/jsp2/web/web18/recargar_ventana.jsp?v_proc=/jsp2/web/comun/const_frames.jsp

 

 

álbum de fotos




zona pais








todas as fotos desta web están protexidas por dereito de imaxe e son publicadas coa autorización dos pais ou titores

última actualización: xaneiro 2007