galego
Web Médica Acreditada. Ver más información
Pulse para ver el Certificado de Web de Interés Sanitario

 
 

Características da banda ortopédica DOC band® de CRANIAL TECHNOLOGIES INC. (CTI)

 

É a primeira banda ortopédica dinámica que saíu a nivel mundial (1986).

O concepto de banda dinámica baséase na aplicación de tensións nos puntos necesarios de forma activa.

Obtivo a primeira aprobación da Food and Drug Administration estadounidense (FDA) o ano 1998 para ortoses craniais.

No ano 2005 a FDA aprobou por primeira vez o uso de DOC band® para os casos poscirúrxicos (cranioestenose).

Conta con 19 centros repartidos por América e Europa.

Leva tratados máis de 35.000 casos de plaxiocefalia e outras.

Con ela tratáronse máis de 600 casos poscirúrxicos.

Non se observaron secuelas a curto nin a longo prazo do tratamento ortopédico sobre o desenvolvemento neurolóxico nin o crecemento normal do cranio.

 

O tratamento ortopédico con DOC band® é útil nas seguintes condicións:

 

  • Plaxiocefalia posicional (anterior e posterior)

  • Braquicefalia posicional

  • Escafocefalia posicional

  • Deformidades craniofaciais posicionais mixtas

  • Tratamento poscirúrxico da craniosinostose clásica

  • Tratamento poscirúrxico da cirurxía endoscópica temperá para as craniosinostoses

  • Protección e remodelación para casos de defectos óseos parietais craniais
  •  

Está fabricada nun material plástico, é lixeira, non dá alerxias e é moi ben tolerada polos pacientes pediátricos.

O seu uso é diario e constante, só se retira para o baño, para o aseo, os exercicios do colo e para vestirse.

 

visita cal metge
 

álbum de fotos




zona pais








todas as fotos desta web están protexidas por dereito de imaxe e son publicadas coa autorización dos pais ou titores

última actualización: xaneiro 2007