galego
Web Médica Acreditada. Ver más información
Pulse para ver el Certificado de Web de Interés Sanitario

 
 

Bandas activas versus bandas pasivas

 

bandes passives
Exemplo de bandas pasivas e locais

 

DOC band® é unha ortose cranial dinámica, a primeira que saíu no mercado mundial.

Nos Estados Unidos de América, e tamén en España, houbo nalgún foro de pais discusións sobre bandas activas/bandas pasivas, sobre cales son máis útiles e máis apropiadas para os pequenos pacientes. O concepto de banda activa (ou dinámica) queda ben definido nos artigos científicos publicados por Cranial Technologies Inc. (ver Inicio, facer clic sobre 1994 e 1998) e é simplemente actuar sobre uns puntos clave do cranio deformado axudando á súa remodelación de xeito natural.

O criterio de banda pasiva queda definido polos fabricantes do casco Clarren (o primeiro que saíu a nivel mundial) e baséase en confiar no crecemento pasivo do cranio deixando uns espazos libres que actúan como férula de descarga.

Practicamente os únicos artigos publicados en revistas científicas internacionais sobre resultados de tratamentos ortopédicos da plaxiocefalia corresponden a estudos prospectivos feitos con DOC band®. Non se dá conta de resultados doutras bandas, e aínda menos de bandas pasivas ou locais.

Moitos cren que a única diferenza entre DOC band® e unha banda pasiva é só a económica, que todas as bandas teñen as mesmas prestacións. E iso non é certo.

 

As principais vantaxes do tratamento da plaxiocefalia con DOC band® respecto das bandas pasivas son:

 

  • Media de tratamento de 4 meses (intervalo de 5 semanas e 6 meses). Entre os 3 e os 6 meses de idade o tratamento dura entre 5 e 12 semanas.

  • Media de uso da segunda banda do 12,5% (as bandas pasivas empregan para casos similares o dobre ou triplo de bandas e o dobre ou triplo de tempo que DOC band®).

  • As porcentaxes esperables de melloría con DOC band® aos 6,9 meses de idade son do 60% a nivel da bóveda cranial, do 47% a nivel da base e do 42% a nivel da cara (datos de 1998, actualmente os resultados son superiores).

  • A incidencia de problemas cutáneos son inferiores ao 5%.

  • Non se trata só de redondear a cabeza. DOC band® demostrou en artigos científicos que respecta as proporcións antropométricas da cabeza, que non interfire no crecemento natural, que os seus resultados se manteñen co tempo e que non producen alteracións funcionais.

  • DOC band® é confortable e lixeira, os pacientes adáptanse desde o primeiro día.

  • Con DOC band® podemos tratar pacientes ata os 2 anos de idade.

  • A fabricación de DOC band® baséase na experiencia acumulada nos máis de 35.000 casos tratados durante os últimos 18 anos.

  • O persoal que trata pacientes con DOC band® ten unha sólida base médica, está formado no centro Cranial Technologies Inc. de Phoenix (Arizona, EUA) e está dirixido e supervisado directamente pola empresa.

  • Cranial Technologies Inc. non ten un tipo de banda única, senón que fabrica unha banda diferente e á medida de cada paciente único.

  • Cranial Technologies Inc. dedícase única e exclusivamente á fabricación e tratamento con ortose cranial das deformidades craniais.

  • Cada banda e cada paciente benefíciase da investigación e a innovación continuas de Cranial Technologies Inc.

Pódese copiar a forma pero non os resultados. Os dous centros españois que traballan con DOC band® están altamente cualificados. Se a accesibilidade é o seu punto débil, pola súa rapidez aforra tempo e viaxes. A experiencia, a profesionalidade e a dedicación absoluta son a súa mellor garantía.

 

 

álbum de fotos




zona pais








todas as fotos desta web están protexidas por dereito de imaxe e son publicadas coa autorización dos pais ou titores

última actualización: xaneiro 2007