galego
Web Médica Acreditada. Ver más información
Pulse para ver el Certificado de Web de Interés Sanitario

 
 

As deformidades craniofaciais sempre existiron, aínda que nunca coa frecuencia e a severidade actuais. Basicamente son tres: a plaxiocefalia, a braquicefalia e a escafocefalia. A máis coñecida é a plaxiocefalia e ás veces utilízase o seu nome en particular cando se fala en xeral de todas elas.


nen gronxador plagiocefalia casc

O primeiro tratamento da plaxiocefalia mediante ortose cranial foi publicado por Sterling K. Clarren (1979), que utilizou bandas pasivas. Jeanne Pomatto-Hertz (1986), fundadora da empresa estadounidense Cranial Technologies Inc., CTI, (1988), inventou e patentou a ortose cranial dinámica chamada DOC band®, puxo as bases modernas para o diagnóstico e correcto tratamento da plaxiocefalia, e publicounas nos seus traballos científicos fundamentais publicados nos anos 1994 e 1998.

Froito do noso interese polos seus traballos (1998) e da nosa posterior formación e integración dentro da rede mundial de Cranial Technologies Inc., abrimos a partir de 1999 dous centros en España para o tratamento da plaxiocefalia baseándonos nos seus protocolos. Aquel mesmo ano puxemos en marcha a nosa primeira páxina, plagiocefalia.com, que viña encher un oco no seu campo en lingua non inglesa e a partir do cal empezou un traballo clínico inmenso, ao tempo que un movemento social importante promovido polos nosos profesionais en forma dun foro aberto de pais na Internet, de recollida de sinaturas por parte destes e finalmente da creación dunha asociación de pais de nenos afectados.

Non foi ata o ano 2003 cando, pasados uns anos, un comité científico da American Academy of Pediatrics presidido polo prestixioso cirurxián plástico e neurocirurxián John A. Persing publicou un artigo científico onde aconsellaba por primeira vez oficialmente o uso de bandas remodeladoras craniais.

A nivel español participamos en múltiples congresos pediátricos explicando os nosos resultados con DOC band®, publicamos artigos científicos e divulgativos para pais e actualmente facemos campaña para que a administración política sanitaria e as organizacións académicas pediátricas se impliquen activamente no tema.


sagrada

Hoxe, 8 anos despois, renovamos a nosa páxina baseándonos na experiencia acumulada tras o tratamento de centos de pacientes pediátricos coa ortose cranial activa DOC band®. A diferenza da anterior, lucrativa en detalles, esta páxina pretende ser máis directa e visual sen perder os fins claramente divulgativos e científicos.

Nela os papás dos pacientes afectados poderán chegar a un diagnóstico máis aproximado do problema dos seus fillos lendo os textos e mirando os casos clínicos achegados.

Aprenderán a ver o que é e o que non é normal, verán como uns sinxelos cambios posturais efectuados desde o nacemento poden evitar a aparición da plaxiocefalia e verán como, no caso de ser demasiado tarde para esperar unha melloría espontánea ou con axuda das técnicas de reposición e de fisioterapia, un tratamento ortopédico realizado a tempo pode solucionar o seu problema.


Os nosos obxectivos son:

  • axudar os pais achegando información científica

  • facer que a prevención sexa un labor de todos

  • lograr que os pacientes afectados se traten na mellor idade posible e cos mellores métodos de eficacia contrastada

  • evitar secuelas físicas e neurolóxicas

  • facer chegar á sociedade en xeral e á pediátrica en particular unha chamada de atención sobre o tema para que o diagnóstico e o tratamento da plaxiocefalia sexa o máis precoz e eficaz posible



 

álbum de fotos




zona pais








todas as fotos desta web están protexidas por dereito de imaxe e son publicadas coa autorización dos pais ou titores

última actualización: xaneiro 2009