galego
Web Médica Acreditada. Ver más información
Pulse para ver el Certificado de Web de Interés Sanitario

 
 

A experiencia profesional do equipo do Centro Médico Craniofacial (CMC) no campo do tratamento das anomalías craniofaciais do neno acabado de nacer e do lactante remóntase ao ano 1974.



claustre professors

Despois da súa formación pediátrica e cirúrxica en prestixiosos hospitais pediátricos españois, os seus profesionais exerceron a docencia, dirixiron equipos cirúrxicos pediátricos, participaron en numerosos congresos nacionais e internacionais sendo distinguidos nalgúns deles co premio ás mellores comunicacións.

Desde aquel 1974 a cirurxía avanzou moitísimo, apareceu a cirurxía craniofacial, a expansión tisular, a cirurxía cranial endoscópica, a distracción ósea e o tratamento ortopédico cranial con bandas activas.

Froito do interese polo tratamento da plaxiocefalia posicional mediante banda cranial (1998) todos os membros do equipo do Centro Médico Craniofacial efectuaron a súa formación específica no centro de Cranial Technologies Inc. (CTI) (Phoenix, Arizona, EUA, 1999), realizando ademais unha formación continuada anual baixo a dirección do centro estadounidense.

Desde 1999 o centro médico de Barcelona convértese no único centro europeo de referencia para o uso da técnica ortopédica DOC bandTM ata que no ano 2003 abre consulta médica en Madrid e en 2005 Cranial Technologies Inc. abre outro centro en Londres.

Desde 1988 a 2005 Cranial Technologies Inc. tratou máis de 35.000 casos de deformidades craniofaciais con DOC band®, dispón de 12 centros propios e 9 centros licenciados entre os cales figuran os dous españois.



Actuacións do Centro Médico Craniofacial en España (1998-2006) para axudar á divulgación e mellor diagnóstico e tratamento da plaxiocefalia:

  • creación do sitio URL http://www.plagiocefalia.com (1999).

  • creación do foro de pais Plagiocefalia en Yahoo (outubro 2003) coa participación de máis de 450 membros e máis de 3.300 mensaxes cruzadas entre pais: http://es.groups.yahoo.com/group/Plagiocefalia/

  • premio á mellor comunicación científica no VII Congreso Transmed de Pediatría. Obstetricia, perinatoloxía e pediatría, coa colaboración científica da APAE, celebrado en Sevilla, do 27 ao 30 de abril de 1999 co tema Corrección das deformidades posicionais do cranio e a cara do lactante mediante tratamento ortopédico.

  • recoñecemento da Asociación Española de Pediatría e da Sociedade Española de Cirurxía Pediátrica ao autorizar o seu enlace á nosa páxina.

  • inicio de recollida de sinaturas de pais de pacientes afectados para a súa entrega ás administracións.

  • axuda á creación da Asociación de Pais de Nenos con Plaxiocefalia e outras deformidades (2006).

  • axuda para a edición conxunta coa devandita sociedade de carteis e trípticos divulgativos e difusión destes en todos os centros pediátricos españois de asistencia primaria e hospitalaria.



Novas accións:

 

álbum de fotos




zona pais








todas as fotos desta web están protexidas por dereito de imaxe e son publicadas coa autorización dos pais ou titores

última actualización: xaneiro 2007