|
|
|
|
|
|
| |
|
Pense que...
- para un experto non pode haber confusión entre a plaxiocefalia e cía. e as malformacións craniais, o aspecto é moi distinto e característico.
- se vostedes son pais, vaian ao cartafol de deformidades. Comparen o aspecto do seu fillo ou filla con algunha das deformidades tipo. Pensen que quizais non atoparán unha deformidade exactamente igual que a súa. Dentro de cada tipo hai distintos graos de severidade e de compensacións diferentes segundo fose o mecanismo de produción e segundo cal fose a zona que recibiu a presión mecánica. Se cre que a cabeza do seu fillo/a non é normal, confírmeo cun experto.
- moitas das exploracións complementarias que se practican para as malformacións craniais, RX, TAC e RNM, son completamente innecesarias nas máis das deformidades como a plaxiocefalia.
- un experto ou os propios pais de nenos afectados saben como diagnosticar rapidamente unha deformidade só mediante a inspección visual.
- todos estamos implicados en axudar os demais. Os profesionais por oficio e vocación. Os pais de nenos tratados por experiencia e solidariedade.

|
|
|
|