Para confirmar a craniosinostose hai que facer radiografías de cranio e para planificar a intervención é útil a práctica de escáner en tres dimensións (TAC 3D ou CT-scan 3D) e ás veces o uso da Resonancia Nuclear Magnética (RNM ou MRI).
A revisión oftalmolóxica e neurolóxica antes da cirurxía é de boa axuda, e en ocasións a toma da presión intracranial (PIC).
Nalgúns casos de craniosinostoses complexas ou sindrómicas (Crouzon, Apert, Saethre-Chotzen etc.) farase tamén estudo xenético.
As craniosinostoses non sindrómicas presentan unha elevada porcentaxe de atrasos funcionais superior ao 50%. |