galego
Web Médica Acreditada. Ver más información
Pulse para ver el Certificado de Web de Interés Sanitario

 
 

A cabeza do neno acabado de nacer representa as ¾ partes da cabeza adulta (mentres que o seu corpo é algo menos que a ¼ parte da altura adulta). O control muscular da cabeza non se adquire ata arredor dos 3 meses de idade. Por isto é moi importante axudar o lactante a cambiar de posturas para evitar deformidades por exceso de presión.

  • Os bebés grandes e durmiñóns son máis propensos ás deformidades.

  • Os primeiros por falta de experiencia dos pais.

  • Os segundos por ter menos tempo para dedicarlle.

Idade xestacional

  • A prematuridade é un factor predispoñente nos casos posnatais, a escafocefalia dáse con maior frecuencia nos bebés prematuros.

  • Os fetos posmaduros presentan máis deformidades prenatais, en xeral plaxiocefalia e braquicefalia.

Por sexo

  • A plaxiocefalia dáse 2 veces máis en nenos que en nenas.

  • A braquicefalia dáse 2 veces máis en nenos que en nenas.

  • A escafocefalia afecta por igual.

Por tipo

  • A plaxiocefalia posicional afecta máis ao lado dereito que ao esquerdo.

  • A braquicefalia afecta máis a nenos grandes e durmiñóns.

  • A escafocefalia afecta máis os prematuros.

Causas prenatais

  • Embarazo múltiple.

  • Feto grande (macrosoma).

  • Feto posmaduro.

  • Desproporción pélvico-fetal.

  • Encaixamento prolongado.

  • Tumoracións uterinas (miomas...).

uter
bessons

 

Causas posnatais

  • Durmir sempre do mesmo lado: plaxiocefalia.

  • Durmir sempre boca arriba: braquicefalia.

  • Durmir coa cabeza ben plana de lado: escafocefalia.

  • Cabalo muscular conxénito.

  • Encaixamento prolongado.

  • Exceso de horas semisentado en cadeiriña, carriño e hamaquiña.

  • O cabalo muscular conxénito (CMC) afecta a un número altísimo de nenos con plaxiocefalia. É preciso detectalo e tratalo o antes posible.

 

álbum de fotos




zona pais








todas as fotos desta web están protexidas por dereito de imaxe e son publicadas coa autorización dos pais ou titores

última actualización: xaneiro 2007